No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 244, do 27 de decembro de 2022, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover as prazas de persoal laboral fixo que se describen a seguir, a través do proceso selectivo de concurso-oposición, e en desenvolvemento da oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal, aprobada polo Decreto do 9 de maio de 2022 e publicada no DOG núm. 103, do 31 de maio, e no BOP núm. 90, do 12 de maio:
Natureza |
Código anterior RPT |
Grupo |
Nº de prazas |
Denominación |
Laboral |
SC |
II |
1 |
Educador/a social |
Laboral |
10.01.00.01 |
III |
1 |
Programador/a de actividades culturais |
Laboral |
04.02.01.10 04.02.01.11 04.02.01.12 04.02.01.13 |
V |
4 |
Operarios/as vías públicas |
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación dos anuncios correspondentes no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.
Ribeira, 25 de xaneiro de 2024
Vicente Mariño de Bricio
Alcalde en funcións