DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2024 Páx. 14387

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia

ANUNCIO de convocatoria de eleccións.

En cumprimento do disposto no artigo 44.1 dos estatutos, faise público que o Pleno da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia, en sesión celebrada o 18 de xaneiro de 2024, acordou convocar eleccións a cargos dos órganos de goberno, fixar a xornada electoral o 18 de abril 2024, na sede colexial entre as 10.00 e as 18.00 horas, e deixar aberto o prazo para a presentación das candidaturas.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2024

Andrea Pardo Rivera
Presidenta do Colexio de Hixienistas de Galicia