DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2024 Páx. 14388

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios para Uso Doméstico de Vilaza

ANUNCIO da convocatoria da asemblea extraordinaria.

Antonio Casal Fontán, con DNI ***8607**, actuando en nome e representación da Comunidade de Usuarios para Uso Doméstico de Vilaza (Gondomar), mediante o presente anuncio convoco:

O vindeiro 10 de marzo de 2024, no Centro Cultural de Vilaza, ás 11.00 horas, en primeira convocatoria, e ás 11.30 horas, en segunda, a asemblea extraordinaria conforme a seguinte orde do día e a aprobación, de ser o caso, do que proceda:

1. Aprobación ou ratificación da Xunta Xestora.

2. Facultar a Xunta Xestora para levar a cabo as xestións necesarias para o bo funcionamento da comunidade.

3. Suxestións e preguntas.

Gondomar, 13 de febreiro de 2024

Antonio Casal Fontán
Presidente da Comunidade de Usuarios para Uso Doméstico de Vilaza