De conformidade con establecido no Decreto 143/2023, do 9 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente ás prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, procédese á convocatoria do proceso de selección para o posto de técnico/a económico/a pola quenda de promoción interna.
O procedemento rexerase polas bases da convocatoria ás cales se pode acceder a través da páxina web www.sogama.gal
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
O formulario de solicitude de participación e o contido no anexo I das bases.
A documentación que deberán presentar os candidatos é a que se recolle na base 2ª.II.
Cerceda, 26 de xaneiro de 2024
Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.