DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2024 Páx. 13927

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Augas de Pazos

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

O que subscribe, Francisco Costa Fernández, con DNI ***3917**, e actuando como presidente da Comunidade de Augas de Pazos, por este anuncio convoco o próximo día 25 de febreiro de 2024, na Casa da Cultura de Riomaior, ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11.00 horas en segunda, á asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e a aprobación, de ser o caso, do que proceda:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2. Aprobación de contas e orzamentos.

3. Situación das instalacións.

4. Altas e baixas de usuarios.

5. Rogos e preguntas.

Vilaboa, 24 de xaneiro de 2024

Francisco Costa Fernández
Presidente da Comunidade de Augas de Pazos