DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2024 Páx. 13657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica un acto administrativo ditado no expediente BS210A PO-88023.

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázase a persoa citada no dito anexo ou as persoas que a representen debidamente acreditadas, para a notificación do requirimento de documentación ditado no procedemento que se indica competencia desta xefatura territorial.

No prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, na praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do acto que se notifica, advertíndolle que, de non facelo así, terase por efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselle que, de non atender o acto que se notifica no prazo de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres (3) meses sen realizar as actividades necesarias para continuar a tramitación, producirase a caducidade do devandito procedemento, e acordarase o arquivamento das actuacións, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Vigo, 15 de xaneiro de 2024

María Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/nº de expediente

Persoa interesada/DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/PO-88023

36041894C

Requirimento de documentación

31.10.2022