DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2024 Páx. 13659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican resolucións ditadas no procedemento BS210A, expediente PO-88023 e dous máis.

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse as persoas citadas no dito anexo, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, para a notificación das resolucións ditadas nos procedementos que se indican, competencia desta xefatura territorial.

No prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, na praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do acto que se notifica, advertíndolles que, de non facelo así, teráselles por efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpor o recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 15 de xaneiro de 2024

María Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/nº de expediente

Persoa interesada/DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/PO-88023

77477729K

Revisión resolución de recoñecemento

28.10.2022

BS210A/PO- 94219

35994946S

Resolución de aprobación do programa

17.10.2022

BS210A/PO-100516

72242728G

Resolución de recoñecemento

4.5.2023