DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2024 Páx. 13446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Dozón (expediente DH.A36.74678).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Aurora Fernández Castro.

DNI: ***9581**.

Expediente: DH.A36.74678.

Volume total anual: 219,3 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,34 l/s.

Destino: doméstico e rega.

Orixe: x= 579476, y= 4714298 (fuso 29 ETRS89).

Lugar: Riazó.

Parroquia: Dozón (Santa María).

Concello: Dozón.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas desde un pozo de barrena situado na parcela 36016A036012310000FM. Desde o punto de captación réganse as parcelas anexas 36016A036012270000FO e 36016A036012310000FK e lévase a auga en tubo de PE de 32 mm de diámetro, que cruza un camiño, ata a vivenda que se vai abastecer na referencia catastral 36016A037060100001GI.

O proxecto pode consultarse na sección «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo (15704) de Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro