DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2024 Páx. 13453

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moraña

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación número 2 do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobada inicialmente a modificación número 2 do Plan xeral de ordenación municipal de Moraña, para a ampliación do Centro de Saúde de Santa Lucía, polo Acordo do Pleno do 26.12.2023, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se xulguen pertinentes.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello [http://morana.sedelectronica.gal].

O presente anuncio servirá de notificación aos interesados, no caso de que non poida efectuarse a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.

Así mesmo, suspéndese o outorgamento das seguintes licenzas nas áreas afectadas polo Plan xeral de ordenación municipal e cuxas novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, que son as seguintes:

Áreas obxecto de suspensión de licenzas

Tipo de licenza

Zona do Centro de Saúde da rúa 10 de Santa Lucía

Títulos habilitantes de natureza urbanística que sexan incompatibles coa ordenación proposta

A duración da suspensión é de 2 anos.

Moraña, 10 de xaneiro de 2024

José Luis Gómez Fontenla
Alcalde