DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2024 Páx. 13458

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da revogación parcial de delegación de competencias de recadación e revisión dos actos ditados da taxa por depuración de augas residuais.

O Pleno da Corporación Provincial, en sesión ordinaria que tivo lugar o 22 de decembro de 2023, aceptou por unanimidade a revogación parcial do Consorcio de Augas de Valdeorras na Deputación Provincial do exercicio das competencias de recadación e revisión dos actos ditados da taxa por depuración de augas residuais dos concellos da comarca de Valdeorras. De conformidade co establecido no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, publícase o citado a acordo nos seguintes termos:

Aceptar a revogación parcial da delegación do Consorcio de Augas de Valdeorras na Deputación Provincial, mediante o Acordo plenario do 22 de decembro de 2023, do exercicio das competencias de recadación e revisión dos actos ditados da taxa por depuración de augas residuais dos concellos da comarca de Valdeorras, no sentido de que o Consorcio asumirá directamente estas funcións no termo municipal do Barco de Valdeorras para as taxas devindicadas a partir do 1 de xaneiro de 2024 (todo o devindicado con anterioridade á dita data será liquidado e recadado, tanto en voluntaria como en executiva, pola Deputación Provincial de Ourense), así como tramitar procedementos de revisión dos ditos actos.

Ourense, 28 de decembro de 2023

Luis Menor Pérez
Presidente da Deputación Provincial de Ourense