DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2024 Páx. 13461

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade Usuarios Traída de Augas Cabadas Abertas

ANUNCIO da convocatoria da xunta xeral ordinaria.

José Benito Nogueira Cancelas, con DNI ***9621**, en calidade de presidente da Comunidade Usuarios Traída de Augas Cabadas Abertas, de conformidade co establecido nos estatutos sociais, convoca os usuarios a unha xunta xeral ordinaria, que terá lugar o venres día 16 de febreiro de 2024, ás 19.00 horas en primeira convocatoria e ás 19.30 horas en segunda convocatoria, no local da Casa de Montes de Santa Cristina de Cobres.

Lémbrase que os usuarios que non poidan acudir poderán delegar o seu voto por escrito noutra persoa.

Orde do día:

1º. Lectura da acta anterior e aprobación, se procede.

2º. Cobramento da subvención da Xunta de Galicia do ano 2023.

3º. Subvencións para o ano 2024.

4º. Estado de contas.

5º. Rogos e preguntas.

Santa Cristina de Cobres, 5 de febreiro de 2024

José Benito Nogueira Cancelas
Presidente da Comunidade Usuarios Traída
de Augas Cabadas Abertas