DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2024 Páx. 13460

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Augas da Bacariza e o Regueiro

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Evaristo Moares Abuín, veciño do lugar da Vacariza, parroquia de Isorna, concello de Rianxo, por este anuncio convoco á xunta ordinaria todos os usuarios de augas da Comunidade de Augas da Bacariza e O Regueiro, que terá lugar o 2 de marzo de 2024, ás 17.00 e ás 17.30 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, no Café Bar Xeixiñal, coa seguinte orde do día:

Orde do día:

1. Lectura da acta anterior.

2. Estado de contas.

3. Acordo de operatividade da xestión da Comunidade.

4. Rogos e preguntas.

A Vacariza, 23 de xaneiro de 2024

Evaristo Moares Abuín
Presidente da Comunidade de Augas da Bacariza e O Regueiro