DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2024 Páx. 13410

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2024, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas en varios expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente LU-00847-I-2023 e dous máis).

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución do expediente sancionador LU-00847-I-2023 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta nos correspondentes expedientes sancionadores, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2024

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00847-I-2023

6204-JTT

78785545B

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

14.3.2023; 10.35.00; N-547; 37

Art. 140.23 da LOTT

Art. 197.26 do ROTT

Art. 143.1.c) da LOTT

Art. 201.h) do ROTT

Art. 143.1 da LOTT

2.001 euros

PO-03653-S-2023

2398-CJS

39452565K

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

19.5.2023; 13.16.00; r/ Ramón Nieto 57

Art. 140.23 da LOTT

Art. 197.26 do ROTT

Art. 143.1.c) da LOTT

Art. 201.h) do ROTT

Art. 143.1 da LOTT

2.001 euros

XC-01465-O-2022

7331-DCS

33840084T

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

2.12.2021; 12.50.00; A-6; 557,5

Art. 140.23 da LOTT

Art. 197.26 do ROTT

Art. 143.1.c) da LOTT

Art. 201.h) do ROTT

Art. 143.1 da LOTT

2.001 euros