Advertido un erro na orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro de 2024, cómpre realizar a seguinte corrección:
Na páxina 8952, número 4 do artigo 6, onde di:
«O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación»,
Debe dicir:
«O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación».
Así mesmo, na páxina 8972, no segundo parágrafo do ordinal 7º, onde di:
«Para aqueles grupos que gozaron da axuda de grupos de referencia competitiva nas convocatorias dos anos 2016 e 2020 e na avaliación final da convocatoria do 2020 foron cualificados cun A: “O grupo desenvolveu a estratexia proposta e acadou os obxectivos de consolidación previstos” polos dous membros avaliadores, poderán optar, para a súa avaliación nesta convocatoria, por presentar o citado modelo de memoria descritiva ou ben indicar que desexan ser avaliados nas epígrafes A) e B) do anexo IV (criterios de avaliación) pola memoria de avaliación final da convocatoria do ano 2020, e a Comisión de Avaliación externa poderá solicitar calquera información complementaria. En todo caso, deberán presentar a información relativa á epígrafe C) do anexo IV e dos indicadores polos cales preferentemente desexan ser avaliados nas fases intermedia e final»,
Debe dicir:
«Para aqueles grupos que gozaron da axuda de grupos de referencia competitiva nas convocatorias dos anos 2016 e 2020 e na avaliación final dalgunha desas convocatorias obtiveron, cando menos, unha cualificación A: “O grupo desenvolveu a estratexia proposta e acadou os obxectivos de consolidación previstos”, poderán optar, para a súa avaliación nesta convocatoria, por presentar o citado modelo de memoria descritiva ou ben indicar que desexan ser avaliados nas epígrafes A) e B) do anexo IV (criterios de avaliación) pola memoria de avaliación final da convocatoria do ano 2020, e a Comisión de Avaliación externa poderá solicitar calquera información complementaria. En todo caso, deberán presentar a información relativa á epígrafe C) do anexo IV e dos indicadores polos cales preferentemente desexan ser avaliados nas fases intermedia e final».