Advertidos erros na Resolución do 18 de decembro de 2023 pola que se nomea profesora titular de universidade a María del Mar Castellanos Rodrigo, publicada no DOG número 1, do 2 de xaneiro de 2024, e ao abeiro do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa rectificación nos seguintes termos:
No título do nomeamento de María del Mar Castellanos Rodrigo, no concurso número 23/029:
Onde di: «Resolución do 18 de decembro de 2023 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Medicina», debe dicir: «Resolución do 18 de decembro de 2023 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Medicina con praza vinculada».
No parágrafo segundo:
Onde di: «Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María del Mar Castellanos Rodrigo, profesora titular de universidade da área de coñecemento de Medicina, departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas desta universidade».
Debe dicir: «Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema universitario, e as demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María del Mar Castellanos Rodrigo profesora titular de universidade con plaza vinculada da área de coñecemento de Medicina, departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas desta universidade».
A Coruña, 1 de febreiro de 2024
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 16.1.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora da Universidade da Coruña