En sesión que tivo lugar o 5 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 5 de maio de 2023 (DOG núm. 92, do 15 de maio), para os efectos de darlle cumprimento ao disposto na epígrafe III.2 das bases que rexen o proceso selectivo extraordinario de estabilización, aprobadas mediante a Resolución do 28 de decembro de 2022,
ACORDOU:
Primeiro. Aprobar e facer pública a baremación provisional da proba oral (defensa da unidade didáctica), segunda proba da fase de oposición do proceso selectivo, recollida no anexo I, que poderá consultarse no portal web corporativo da Axencia Turismo de Galicia, no enderezo electrónico: https://www.turismo.gal/espazo-institucional
Segundo. Conceder un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG do anuncio da exposición do resultado da proba oral na páxina web.
De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2024
Antonio Casas Calviño
Presidente do tribunal