DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2024 Páx. 12446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles comunica o traslado aos titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa no concello de Nogueira de Ramuín (expediente IN407A 2022/140-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de regulamentación LMT PRS806 no apoio BI6J93DJ//93-4, situada no concello de Nogueira de Ramuín, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Industria e Innovación, situada na rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense, tras solicitaren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinale.

Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.

Ourense, 29 de xaneiro de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/140-3.

Instalación: regulamentación LMT PRS806 no apoio BI6J93DJ//93-4.

Concello: Nogueira de Ramuín.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data de ocupación

1

Gulfar

32053A099000020000IJ

Descoñecido

8.6.2023

2

Gulfar

32053A099000150000IG

Descoñecido

8.6.2023