DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2024 Páx. 12448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ACORDO do 26 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade ao inicio dos expedientes de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a dar publicidade á parte substantiva do acordo adoptado polo xefe territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades:

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Pór a disposición dos interesados os expedientes para que consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común, no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º, da Coruña.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Planificación e Xestión Educativa do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Non obstante, no suposto de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo este en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, e dáse así por concluído o expediente.

No mesmo prazo poderá solicitar na súa Delegación do Ministerio de Economía y Facenda o aprazamento ou fraccionamento do pagamento. Neste último caso, a solicitude de aprazamento considerarase un recoñecemento da débeda».

A Coruña, 26 de xaneiro de 2024

Indalecio Cabana Leira
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

NIF: 32736247W.

Importe: 2.289,61 euros.

Curso: 2021-2022.

Causa: 1.10.