DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2024 Páx. 12440

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza para o trámite de audiencia á persoa interesada no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2019/00176).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), emprázase para o trámite de audiencia a persoa indicada no anexo, no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por resultar descoñecido o seu domicilio.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentar por escrito as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consideren pertinentes. Para iso pode consultar o seu expediente na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo, e vistas as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consten no expediente, ditarase a resolución que proceda.

Lugo, 22 de xaneiro de 2024

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. expediente

Pasaporte

Acto notificado

LU-2019/00176

069143944

Emprazamento para o trámite de audiencia no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.