DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2024 Páx. 12190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2024, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á modificación de características da concesión dun caudal de auga no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente DH.A36.14545).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia do 9 de xuño de 2023, e como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Usuarios de Trasmonte e Covelo a modificación de características da concesión dun caudal de auga que se lle outorgara na Resolución de Augas de Galicia do 6 de abril de 2010, modificación que consiste en incluír un novo punto de captación, un pozo situado no monte de Almofrei, parroquia de Almofrei (San Lourenzo), no concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), para aproveitar 11.373,4 m3 anuais de auga, con destino a abastecemento.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2024

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións