DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2024 Páx. 12191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2024 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de mellora da seguridade viaria na intersección do punto quilométrico 31+540 da PO-255 en Covelo, de clave PO/21/115.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 5 de febreiro de 2024 realizouse a aprobación provisional do proxecto de trazado de mellora da seguridade viaria na intersección do punto quilométrico (p.q.) 31+540 da PO-255 en Covelo, de clave PO/21/115.06, no municipio de Covelo (Pontevedra), que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado de mellora da seguridade viaria na intersección do p.q. 31+540 da PO-255 en Covelo, de clave PO/21/115.06, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, se é o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Segundo. Someter ao tramite de información publica a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-1º, 36071 Pontevedra) e na Casa do Concello de Covelo.

Así mesmo, a documentación íntegra do proxecto e un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación, estará dispoñible na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2024

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Mellora da seguridade viaria na intersección do p.q. 31+540 da PO-255 en Covelo

Clave PO/21/115.06

Concello de Covelo.

Ref. catastral

Políg.

Parc.

Titular

DNI

Clase solo
(Catastro)

Clasificación urbanística

Sit. básica solo
(RDL 7/2015)

Expropiación
(m2)

1

36013A031003650001EU

31

365

Fernando Javier Prado Prado

***1399**

Urbano

Solo de núcleo rural sen categorizar

Urbanizado

445,96

2

36013A029006040000WF

29

604

Marcelino Losada Loureiro

-

Rústico

Solo rústico de especial protección

Rural

111,64

3

36013A029006030000WT

29

603

Carmen Vales Piña (hros.)

***0960**

Rústico

Solo rústico de especial protección

Rural

23,16

4

36013A029006020000WL

29

602

José López Rodríguez

-

Rústico

Solo rústico de especial protección

Rural

8,80

5

36013A031003640000WB

31

364

En investigación

-

Urbano

Solo de núcleo rural sen categorizar

Urbanizado

8,26

6

36013A031003840000WI

31

384

José López Rodríguez

-

Rústico

Solo rústico de especial protección

Rural

20,09

7

36013A031003830000WX

31

383

Lionel Augusto Martínez Piña

-

Rústico

Solo rústico de especial protección

Rural

330,67

8

36013A031003810000WR

31

381

En investigación

-

Rústico

Solo rústico de especial protección

Rural

228,88

9

36013A031003850000WJ

31

385

María del Carmen Vázquez Sánchez

***9630**

Rústico

Solo rústico de especial protección

Rural

50,95