DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2024 Páx. 12166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente IN407A 2023/31-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase a todas as persoas interesadas a resolución de autorización administrativa previa e de construción e se declara a utilidade pública do proxecto para a regulamentación LAMT MOF 808 Escairón-Saviñao, 8, entre os apoios BN4CEQFQ//94 e BMOE04CF//102 Pantón, Lugo, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 24 de xaneiro de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de regulamentación LAMT MOF 808 Escairón-Saviñao, 8, entre os apoios BN4CEQFQ//94 e BMOE04CF//102 Pantón, Lugo

Concello: Pantón.

Expediente: IN407A 2023/31-2.

Predio nº

Políg.

Parcela

Lugar

Propietarios

Cultivo

Apoio nº

Cantidade

Sup. m²

1

27

293

Viña da Aira

Descoñecido

Matogueira

BN30QQCB//95

1

2

3

11

46

Forcados

Descoñecido

Carballeira

BMW1MOV1//98

1

2