DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2024 Páx. 11829

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 24 de xaneiro de 2024 pola que se asigna o concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna para persoas dependentes con enfermidade mental para o período 2024-2028 (código de procedemento BS632B).

No Diario Oficial de Galicia número 237, do 15 de decembro de 2023, publícase a Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna para persoas dependentes con enfermidade mental para o período 2024-2028, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632B).

Unha vez instruído de conformidade coas bases reguladoras da convocatoria, logo da valoración de todas as solicitudes e aplicación dos criterios de selección, e vista a proposta de adxudicación, o órgano competente emite a resolución de adxudicación, coa cal finaliza o procedemento.

O artigo 15 da Orde do 13 de decembro de 2023 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e terá os efectos da notificación.

Así mesmo, será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 24 de xaneiro de 2024, ditada no procedemento BS632B, de asignación do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna para persoas dependentes con enfermidade mental para o período 2024-2028, que se xunta á presente resolución como anexo, e coa que finaliza o procedemento.

Segundo. Notificada a resolución polo órgano competente, procederase á formalización do concerto coas entidades seleccionadas.

A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.

Efectuada a formalización, as entidades concertadas estarán obrigadas a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2024

Begoña Abeijón Fernández
Directora xeral de Persoas con Discapacidade

ANEXO

Resolución de adxudicación

Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna para persoas dependentes con enfermidade mental para o período 2024-2028, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632B).

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 15 de decembro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna para persoas dependentes con enfermidade mental para o período 2024-2028, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS632B), mediante tramitación anticipada de gasto.

Segundo. No prazo establecido presentáronse á convocatoria as seguintes entidades:

Data e número de entrada Rexel

Entidade

CIF

Código

Servizo

Tipoloxía

Nº de prazas

Concello

19.12.2023

Nº 3316113

Asoc. Pro Saúde Mental A Creba

G15476310

020706

Servizo de atención diúrna ocupacional de media estadía

Sen comedor 220

8

Noia

20.12.2023

Nº 3340385

Asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos dos Enfermos Mentais

G15474562

020706

Servizo de atención diúrna ocupacional de media estadía

Sen comedor 220

8

Santiago

27.12.2023

Nº 3387229

Asociación Lenda de Saúde Mental

G36248011

020706

Servizo de atención diúrna ocupacional de media estadía

Sen comedor 220

9

Redondela

10.1.2024

Nº 72035

Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal. Asociación de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental

G15524614

020706

Servizo de atención diúrna ocupacional de media estadía

Sen comedor 220

8

Narón

Terceiro. O día 18 de xaneiro de 2024 reuniuse a Comisión de Valoración co obxecto de comprobar que as entidades que presentaron solicitude no concerto social referenciado co código de procedemento BS632B cumpren cos requisitos establecidos no artigo 5 da convocatoria e presentaron a documentación exixida no artigo 8.

Cuarto. Examinada a documentación, constátase que todas as entidades cumpren cos requisitos establecidos no artigo 5 da convocatoria e presentaron a documentación exixida no artigo 8 de forma correcta e completa, e dentro do prazo establecido na convocatoria.

Quinto. A Comisión de Valoración informa o órgano instrutor que todas as entidades presentadas xa están prestando o servizo mediante contratos formalizados coa Consellería de Política Social e Xuventude, e preséntanse á totalidade das prazas que xa están xestionando, polo que, conforme establece o artigo 13.1 da convocatoria, teñen preferencia nas prazas que solicitan e non é necesario aplicar os criterios de valoración previstos neste mesmo artigo.

Fundamentos xurídicos:

Primeiro. En virtude do artigo 11 da Orde do 13 de decembro de 2023, a instrución do procedemento correspóndelle á Subdirección Xeral de Recursos de Equipamentos de Apoio á Discapacidade da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.

Segundo. O artigo 12 da Orde do 13 de decembro de 2023, nos seus parágrafos 2, 4 e 5 establece:

«2. A Comisión de Avaliación será a encargada de verificar o cumprimento das condicións impostas ás entidades para concertar e de valorar as solicitudes de conformidade cos criterios de selección establecidos no artigo 13 desta convocatoria.

4. A Comisión de Valoración determinará aquelas entidades que cumpran os requisitos para concertar e elaborará un informe de acordo co previsto no artigo 13 desta convocatoria.

5. Segundo o referido informe da Comisión de Valoración, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución ao órgano competente para resolver a concesión con cada entidade».

Terceiro. Segundo o artigo 14 da Orde do 13 de decembro de 2023, a resolución correspóndelle, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, á persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.

Por todo o exposto, e vista a proposta de adxudicación efectuada pola Subdirección Xeral de Recursos e Equipamentos de Apoio á Discapacidade,

RESOLVO:

Primeiro. Asignar o concerto social para a prestación do servizo para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna para persoas dependentes con enfermidade mental, para o período que abarca desde a formalización, prevista para o 1 de marzo de 2024, ata o 29 de febreiro de 2028, ás entidades que se relacionan no anexo, e nos termos e contías que figuran nel, con cargo á aplicación orzamentaria 11.04.312D.228.2, e segundo os módulos económicos que se detallan:

1. O módulo económico para a reserva e ocupación de prazas por cada tipo de servizo será o seguinte:

Servizo

Prezo/praza mes sen IVE

IVE (4 %)

Prezo/praza mes total

Servizo de atención diúrna ocupacional de media estadía

Sen comedor

(220 días)

475,00 €

19,00 €

494,00 €

2. No servizo de transporte, o módulo económico é o seguinte:

Servizo

Prezo praza/día sen IVE

IVE (10 %)

Prezo praza/día total

Transporte

11,30 €

1,13 €

12,43 €

3. As compensacións polas medidas especiais de accesibilidade, vinculadas co transporte, son as seguintes:

Perfil de mobilidade das persoas usuarias

Prezo praza/día sen IVE

IVE (10 %)

Prezo praza/día total

Grupo 1

4,45 €

0,44 €

4,89 €

Segundo. Asinar o concerto social coas entidades seleccionadas dentro dos 30 días seguintes ao da publicación das resolucións de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2024. A conselleira de Política Social e Xuventude, P.D. (Artigo 14 da Orde do 29.11.2023), Begoña Abeijón Fernández, directora xeral de Persoas con Discapacidade.

ANEXO

Expediente

BS632B-1/2023

Entidade

Asociación Pro Saúde Mental A Creba

NIF

G15476310

Nº RUEPSS

E-769

Servizo concerto

Tipoloxía

Nº prazas

Nome centro

Concello

IVE

Anualidade 2024

(10 meses)

Anualidade 2025

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Anualidade 2028

(2 meses)

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Servizo de atención diúrna ocupacional de media estadía

020706

Sen comedor 220

8

C.O. A Creba

E769C1

Noia

Exento

38.000,00

33.060,00

45.600,00

39.672,00

45.600,00

39.672,00

45.600,00

39.672,00

7.600,00

6.612,00

Servizo de transporte adaptado e asistido

010110

Transporte

8

C.O. A Creba

E769C1

Noia

16.272,00

14.644,80

19.888,00

17.899,20

19.888,00

17.899,20

19.888,00

17.899,20

3.616,00

3.254,40

Compensacións G1

1

C.O. A Creba

E769C1

Noia

801,00

801,00

979,00

979,00

979,00

979,00

979,00

979,00

178,00

178,00

55.073,00

48.505,80

66.467,00

58.550,20

66.467,00

58.550,20

66.467,00

58.550,20

11.394,00

10.044,40

Expediente

BS632B-2/2023

Entidade

Asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos dos Enfermos Mentais

NIF

G15474562

Nº RUEPSS

E0776

Servizo concerto

Tipoloxía

Nº prazas

Nome centro

Concello

IVE

Anualidade 2024

(10 meses)

Anualidade 2025

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Anualidade 2028

(2 meses)

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Servizo de atención diúrna ocupacional de media estadía

020706

Sen comedor 220

8

Centro ocupacional Fonte da Virxe

E-776-C-1

Santiago de Compostela

Exento

38.000,00

33.060,00

45.600,00

39.672,00

45.600,00

39.672,00

45.600,00

39.672,00

7.600,00

6.612,00

Servizo de transporte adaptado e asistido

010110

Transporte

8

Centro ocupacional Fonte da Virxe

E-776-C-1

Santiago de Compostela

16.272,00

14.644,80

19.888,00

17.899,20

19.888,00

17.899,20

19.888,00

17.899,20

3.616,00

3.254,40

Compensacións G1

1

Centro ocupacional Fonte da Virxe

E-776-C-1

Santiago de Compostela

801,00

801,00

979,00

979,00

979,00

979,00

979,00

979,00

178,00

178,00

55.073,00

48.505,80

66.467,00

58.550,20

66.467,00

58.550,20

66.467,00

58.550,20

11.394,00

10.044,40

Expediente

BS632B-3/2023

Entidade

Asociación Lenda de Saúde Mental

NIF

G36248011

Nº RUEPSS

E0869

Servizo concerto

Tipoloxía

Nº prazas

Nome centro

Concello

IVE

Anualidade 2024

(10 meses)

Anualidade 2025

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Anualidade 2028

(2 meses)

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Servizo de atención diúrna ocupacional de media estadía

020706

Sen comedor 220

9

Centro ocupacional Lenda

E-869-C-1

Redondela

Exento

42.750,00

37.192,50

51.300,00

44.631,00

51.300,00

44.631,00

51.300,00

44.631,00

8.550,00

7.438,50

Servizo de transporte adaptado e asistido

010110

Transporte

9

Centro ocupacional Lenda
E-869-C-1

Redondela

18.306,00

16.475,40

22.374,00

20.136,60

22.374,00

20.136,60

22.374,00

20.136,60

4.068,00

3.661,20

Compensacións G1

1

Centro ocupacional Lenda
E-869-C-1

Redondela

801,00

801,00

979,00

979,00

979,00

979,00

979,00

979,00

178,00

178,00

61.857,00

54.468,90

74.653,00

65.746,60

74.653,00

65.746,60

74.653,00

65.746,60

12.796,00

11.277,70

Expediente

BS632B-4/2023

Entidade

Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal. Asociación de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental

NIF

G15524614

Nº RUEPSS

E-0859

Servizo concerto

Tipoloxía

Nº prazas

Nome centro

Concello

IVE

Anualidade 2024

(10 meses)

Anualidade 2025

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Anualidade 2028

(2 meses)

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Orzamento

Achega Xunta

Servizo de atención diúrna ocupacional de media estadía

020706

Sen comedor 220

8

Centro ocupacional Porta Nova
E-859-C-1

Narón

Exento

38.000,00

33.060,00

45.600,00

39.672,00

45.600,00

39.672,00

45.600,00

39.672,00

7.600,00

6.612,00

Servizo de transporte adaptado e asistido

010110

Transporte

8

Centro ocupacional Porta Nova
E-859-C-1

Narón

16.272,00

14.644,80

19.888,00

17.899,20

19.888,00

17.899,20

19.888,00

17.899,20

3.616,00

3.254,40

Compensacións G1

1

Centro ocupacional Porta Nova
E-859-C-1

Narón

801,00

801,00

979,00

979,00

979,00

979,00

979,00

979,00

178,00

178,00

55.073,00

48.505,80

66.467,00

58.550,20

66.467,00

58.550,20

66.467,00

58.550,20

11.394,00

10.044,40