DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2024 Páx. 11663

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadumia

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela.

Mediante este anuncio, ponse de manifesto o incumprimento da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación cos inmobles que a seguir se describen, impostas polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Referencia catastral

Lugar

Propietario/a

6951806NH1065S0001BY

Rúa Tabueiros, 22, Sisán

Helmut Laessig

Polígono 2, parcela 60 ZCP Lois-Montes de Ribadumia

Lugar Couto, Lois, Ribadumia

Eugenia Jesusa Fariña Abal

Polígono 17, parcela 1205 ZCP Lois-Montes de Ribadumia

Lugar Portarís, Lois, Ribadumia

María Vilas Núñez e outra

07801A0NH2008S0000GZ

Rúa Regueira, s/n, Leiro

En investigación-catastro

0780105NH2008S0001ZX

Rúa Regueira, s/n, Leiro

En investigación-catastro

0981109NH2008S0001MX

Rúa Regueira, s/n, Leiro

En investigación-catastro

En cumprimento do disposto na letra c) do ordinal oitavo da Instrución 1/2008, do 26 de abril (DOG núm. 87, do 7 de maio), publícase este anuncio para os efectos da notificación da comunicación e do requirimento para recordar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, cuxo contido será obxecto de publicación no Boletín Oficial del Estado (TEU). A partir desta última publicación, comezarase a computar no prazo de quince (15) días naturais para que as persoas responsables cumpran coa obriga da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada de especies arbóreas prohibidas.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Ribadumia, sitas na avenida de Ribadumia, 3, Ribadumia, das 8.00 ás 15.00 horas, de luns a venres.

Ribadumia, 12 de xaneiro de 2024

David José Castro Mougán
Alcalde