DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2024 Páx. 11129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, polo que se notifica o requirimento de documentación nun procedemento de dilixencias informativas por obras de peche de parcela con escavación para instalación de cimentación perimetral sen autorización, porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente VI-PO-126/23).

O Servizo de Coordinación Cultural de Pontevedra requiriu o 8 de novembro de 2023 documentación adicional no procedemento de dilixencias informativas por obras de peche de parcela con escavación para instalación de cimentación perimetral sen autorización, expediente VI-PO-126/23. Inentada a notificación persoal deste requirimento non foi posible a súa práctica.

Por este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para ser notificadas por comparecencia dos actos cuxo contido se indica. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, 6º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, en Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único devandito. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

O que se notifica a persoa titular do establecemento referido no dito anexo, para que no prazo de quince días poida efectuar as alegacións que considere pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Pontevedra.

Comunicáselle que contra a resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Pontevedra, 19 de xaneiro de 2024

A directora xeral de Patrimonio Cultural
P.D. (Resolución do 5.7.2022)
María José Echevarría Moreno
Xefa do Servizo de Coordinación Cultural

ANEXO

Procedemento: diligencias informativas.

DNI: 35290278K.

Acto notificado: requirimento de expediente VI-PO-126/23.