DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2024 Páx. 11146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Montes de Aro-Campelo-Gonte (Negreira-A Coruña) para ser notificados por comparecencia do trámite de audiencia previo á modificación do acordo de reestruturación da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázanse varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Montes de Aro-Campelo-Gonte (Negreira-A Coruña) que figuran no anexo, para ser notificados por comparecencia do trámite de audiencia previo á modificación do acordo de reestruturación da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias deste servizo, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

ZCP Montes de Aro-Campelo-Gonte (Negreira-A Coruña)

DNI

Nº prop.

Acto notificado

Manuel Ardións Suárez

28

Trámite de audiencia

76458491M

244

Trámite de audiencia