DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2024 Páx. 10479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 19 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude da declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, do parque eólico Uxo, situado no concello de Avión, na provincia de Ourense (expediente IN408A 2018/05).

Mediante a Resolución do 22 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, sométese a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, e de aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto do parque eólico Uxo, situado no concello de Avión, provincia de Ourense (expediente IN408A 2018/05).

Mediante a Resolución do 14 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, outorgouse autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Uxo, sito no concello de Avión (Ourense).

O 23 de marzo de 2023 tivo entrada nesta xefatura territorial a solicitude presentada por Naturgy Renovables, S.L.U. relativa á declaración de utilidade pública para o parque eólico Uxo, coa correspondente relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados (en diante, a RBDA) que se inclúe no anexo deste acordo, para dar cumprimento ao establecido no artigo 44.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

O 14 de decembro de 2023 tivo entrada nesta xefatura territorial un escrito de Naturgy Renovables, S.L.U. en que se comunicou que a dita mercartil non formalizou acordos cos titulares das parcelas que se inclúen na RBDA, polo que se solicitou a continuación da tramitación da declaración de utilidade pública para o parque eólico Uxo.

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; e no artigo 44 da citada Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública relacionada coas instalacións descritas na Resolución do 14 de novembro de 2022, da Direción Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (DOG núm. 236, do 14 de decembro), que se citan a seguir:

Solicitante: Naturgy Renovables, S.L.U.; CIF: B84160423.

Denominación do proxecto: parque eólico Uxo.

Concello afectado: Avión (Ourense).

Potencia que se vai instalar: 21,00 MW.

Número de aeroxeradores: 6 x 3,5 MW de potencia nominal unitaria.

Produción media neta vertida á rede (MWh/ano): 61.985.

Orzamento de execución por contrata: 25.023.622,81 €

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 6 aeroxeradores modelo Enercon-138 EP3, ou similar, coas seguintes alturas de buxa: A02, 138 m; A03, 147 m; A05, 148 m; e 154 m para os aeroxeradores A01, A04 e A06. Todos teñen un diámetro de rotor de 138 m e unha potencia máxima activa de xeración eléctrica de 3.500 kW, cos seus correspondentes centros de transformación, situados na propia góndola dos aeroxeradores, con potencia unitaria de 3.750 kVA e relación de transformación 0,69/30 kV.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación receptora do parque (SET), composta por dous circuítos con condutores tipo RHZ1 2OL(S) AL 18/30 kV AL+H16 de sección variable segundo o tramo, o circuíto 1 para a interconexión dos aeroxeradores A01, A02 e A03, e o circuíto 2 para os A04, A05 e A06.

– 1 torre meteorolóxica de 154 metros de altura, equipada con cataventos, anemómetros, medidores de temperatura e pluviómetros.

– Subestación 30/132 kV, con parque ao nivel de 132 kV en intemperie con aparellaxe convencional e seguintes elementos: un transformador de potencia de 25 MVA ONAN e relación de transformación 132/30 kV, con regulación en carga 132±10x1,5 % kV; dúas posicións de liña e unha de trafo, cos equipamentos necesarios de protección e medida. En 30 kV: unha reactancia de posta a terra, con limitación de corrente a 500 A, 30 s; unha posición de transformador e medida de tensión de barras de 30 kV, con trafo de SSAA 30/0,42-0,242 kV de 50 kVA de potencia aparente; e dúas posicións de liña, para a conexión dos aeroxeradores; ademais dunha posición de batería de condensadores. Equipamento complementario para as funcións de control, mando e protección da SET.

O obxecto da información pública será a solicitude da declaración de utilidade pública para as citadas instalacións. A declaración de utilidade pública, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Documentación que se expón:

1. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados (RBDA-febreiro 2023).

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, nos concellos afectados, e na seguinte ligazón web da Consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

Ourense, 19 de decembro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Uxo (IN408A 2018/005)
no concello de Avión (Ourense)

Nº parcela segundo proxecto

Titularidade proposta

Datos catastrais parcela

Afeccións (m²)

Pleno dominio

Servidume

Ocupación temporal

Outras figuras de ocupación

Cultivo

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Cimentación

Plataforma

Viais

Subestación/ centro de seccionamento

Voo aero

Gabias MT

Viarios

Subestación/ centro de seccionamento

Plataformas temporais de provisión

Gabias MT

Torre meteorolóxica

1

CMVMC da parroquia de Couso

Matogueira

73

658

32005A073006580000FK

1081

2

Monte Veciñal en Man Común Abelenda

Piñeiral madeirable

73

660

32005A073006600000FO

194

744

3

Monte Veciñal en Man Común Abelenda

Piñeiral madeirable

73

661

32005A073006610000FK

3244

3.497

13

665

1.308

1.638

4

CMVMC da parroquia de Couso

Piñeiral madeirable

73

659

32005A073006590000FR

822

7188

488

758

5.981

691

551

5

Comunidade de Montes en Man Común do Monte Amiudal

Piñeiral madeirable

73

672

32005A073006720000FZ

478

1.271

3.045

549

433

649

6

CMVMC da parroquia de Couso

Piñeiral madeirable

73

671

32005A073006710000FS

56

1.867

976

445

523

90

631

7

Comunidade de Montes en Man Común do Monte Amiudal

Piñeiral madeirable

73

662

32005A073006620000FR

406

6123

4.551

6.127

223

134

5

137

8

CMVMC da parroquia de Couso

Matogueira

73

656

32005A073006560000FM

406

9518

3.220

8.034

715

738

9

CMVMC da parroquia de Couso

Matogueira

73

654

32005A073006540000FT

1219

22603

6.697

28.566

2.413

1.304

3.953

10

Comunidade de Montes en Man Común do Monte Amiudal

Piñeiral madeirable

73

670

32005A073006700000FE


15

11

Comunidade de Montes en Man Común do Monte Amiudal

Piñeiral madeirable

73

663

32005A073006630000FD

927

42

12

Monte Veciñal en Man Común Abelenda

Piñeiral madeirable

73

664

32005A073006640000FX

406

5826

7.976

263

213

13

Monte Veciñal en Man Común Abelenda

Piñeiral madeirable

73

665

32005A073006650000FI

794