DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2024 Páx. 10490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes de reclamacións.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puidesen practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

53487825Z

IN635A/2023/385-1

Alegacións

Boiro

32828742Z

IN635A/2023/176-1

Resolución

A Coruña

53163562M

IN635A/2023/280-1

Resolución

A Coruña

53304544C

IN635A/2023/256-1

Resolución

A Coruña

78787274S

IN635A/2023/295-1

Resolución

Negreira