DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2024 Páx. 10495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando a documentación que consideren oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 17 de xaneiro de 2024

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

33334071X

33334071X/16-11-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

33850728H

33850728H/07-08-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

Y4644143C

Y4644143C/17-11-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

08369514K

08369514K/02-06-2023/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

33334297Y

33334297Y/24-04-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

33335429B

33335429B/08-11-2022/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

33347522Y

33347522Y/13-02-2023/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

34278754Z

34278754Z/04-01-2023/2.2.B

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

34289465F

34289465F/08-11-2022/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

34321947J

34321947J/04-01-2023/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Lugo

39954890A

39954890A/05-01-2023/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Lugo