DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2024 Páx. 10449

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2024 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría agronómica; o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría agronómica; o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría técnica, especialidade de enxeñaría técnica agrícola; e o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría técnica, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocados polas resolucións do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro).

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral da Función Pública.

A resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

Mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro), convocouse o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría agronómica.

Mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro), convocouse o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría agronómica.

Mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro), convocouse o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría técnica, especialidade de enxeñaría técnica agrícola.

Mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro), convocouse o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría técnica, especialidade de enxeñaría técnica agrícola.

Unha vez finalizados os procesos selectivos citados e acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nestas por parte das persoas aspirantes co obxecto de adxudicarlles destinos provisionais, e segundo a base IV.6 das respectivas convocatorias, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Nos procesos selectivos referidos anteriormente, convocados polas resolucións da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de decembro de 2021, ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñesen desempeñando con carácter definitivo sempre que figure na relación de postos de traballo aberto ao corpo da Administración xeral a que acceden.

Segundo. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos e que, segundo a base IV.6 das respectivas convocatorias, son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Terceiro. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo a que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.

Cuarto. Dado que na presente convocatoria coexisten procesos de acceso libre e procesos de estabilización do mesmo subgrupo e especialidade, prazas correspondentes a diferentes ofertas de emprego público e procesos pertencentes a diferentes subgrupos de Administración especial, a orde para a elección de destino efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

1º. Terán prioridade as persoas convocadas para o acto de elección de destino da especialidade de enxeñaría agronómica (acceso libre e estabilización), subgrupo A1, sobre as persoas convocadas para o acto de elección da especialidade de enxeñaría técnica agrícola (acceso libre e estabilización), subgrupo A2.

2º. Dentro do mesmo subgrupo e especialidade, a orde para a elección de destino virá determinada polo ano de publicación da oferta publica de emprego, deste xeito, as ofertas máis antigas terán preferencia sobre as ofertas de emprego público máis recentes. No caso de que nunha convocatoria se acumulen prazas correspondentes a varias ofertas, tomarase como referencia a oferta máis antiga convocada.

3º. Dentro do mesmo subgrupo e especialidade, no caso de que as prazas convocadas en cada proceso selectivo (libre ou de estabilización) estean incluídas na mesma oferta de emprego público, terán preferencia para o acto de elección de destino as persoas que participan nos procesos de estabilización sobre as persoas que participan nos procesos de acceso libre.

4º. Finalmente, terán prioridade as persoas aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna que deban elixir posto (por atoparse ocupando un posto que non está aberto á especialidade a que acceden), sobre aquelas que accedan pola quenda de acceso libre sempre que se trate do mesmo proceso selectivo. Respecto ao resto de procesos selectivos, aplicarase para establecer a orde de preferencia os criterios sinalados.

Quinto. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e coa clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.

No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos».

Sexto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».

1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo a que accede.

2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestar servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro.

3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público; o que deberán de manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, á cal deberán achegar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra Administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.

Sétimo. As persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado; ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino e non cumpran os requisitos para ser declarados en excedencia; ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicados en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Oitavo. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal; ou ben presentarán a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Noveno. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo a que se accede, a orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no seu proceso e a orde de prelación prevista no anexo I desta resolución, e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

As persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario de carreira e adxudicatarias con destinos provisionais dos postos de traballo relacionados nesta resolución disporán do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

Décimo. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal

Décimo primeiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Nº orde elección destino

Nº orde proceso selectivo

NIF

Apelidos e nome

Proceso selectivo

Ano OPE

Acceso

1

1

***8303**

Fernández González, Bruno

Enxeñaría agronómica-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

2

2

***1662**

López Fraga, María José

Enxeñaría agronómica-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

3

5

***3973**

Vázquez Grandas, Juan José

Enxeñaría agronómica-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

4

6

***2258**

Vázquez Pita, Marta

Enxeñaría agronómica-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

5

8

***5355**

Saborido Díaz, María del Carmen

Enxeñaría agronómica-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

6

9

***9361**

Martínez Vérez, Alejandro

Enxeñaría agronómica-acceso libre

2019, 2020, 2021

Base I.1.1

7

10

***0953**

Ortega Martínez, Juan Antonio

Enxeñaría agronómica-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

8

11

***2024**

Doporto González, Cristina

Enxeñaría agronómica-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

9

12

***1979**

Romay Ibon, Nuria

Enxeñaría agronómica-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

10

13

***7879**

Escudero Roldos, Carlos

Enxeñaría agronómica-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

11

14

***7502**

Domínguez Gándara, María Sandra

Enxeñaría agronómica-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

12

15

***7246**

Dorado Vázquez, María del Mar

Enxeñaría agronómica-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

13

16

***5134**

Regueira Camaniel, Marta

Enxeñaría agronómica-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

14

17

***3302**

García Corral, Álvaro

Enxeñaría agronómica-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

15

18

***3636**

Rodal Barreiro, Diego

Enxeñaría agronómica-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

16

19

***0578**

Botana Fernández, Adrián

Enxeñaría agronómica-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

17

20

***7005**

Lago Iglesias, Lucía

Enxeñaría agronómica-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

18

21

***4980**

Jacob Vila, Iria

Enxeñaría agronómica-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

19

22

***4626**

Montes Alvarellos, Jorge

Enxeñaría agronómica-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

20

23

***0553**

Eiras Carlín, Juan

Enxeñaría agronómica-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

21

1

***5720**

Castiñeiras Gallego, Beatriz

Enxeñaría agronómica-estabilización

2021

Libre

22

1

***7219**

Salgado Díaz, María Jesús

Enxeñaría técnico agrícola-estabilización

2018

Libre

23

2

***2645**

Pombo Salinas, Laura

Enxeñaría técnico agrícola-estabilización

2018

Libre

24

3

***1551**

López Villaverde, María Soledad

Enxeñaría técnico agrícola-estabilización

2018

Libre

25

4

***7292**

Garrote Fernández, María Azucena

Enxeñaría técnico agrícola-estabilización

2018

Libre

26

5

***3127**

Santoalla Lorenzo, Ana Belén

Enxeñaría técnico agrícola-estabilización

2018

Libre

27

6

***0953**

Ortega Martínez, Juan Antonio

Enxeñaría técnico agrícola-estabilización

2018

Libre

28

7

***8499**

Merino Doval, María

Enxeñaría técnico agrícola-estabilización

2018

Libre

29

8

***7502**

Domínguez Gándara, María Sandra

Enxeñaría técnico agrícola-estabilización

2018

Libre

30

9

***6614**

Ucha Santeiro, Belén

Enxeñaría técnico agrícola-estabilización

2018

Libre

31

10

***2981**

Bermúdez Couso, Alipio

Enxeñaría técnico agrícola-estabilización

2018

Libre

32

11

***4809**

Carballido Arias, María Mar

Enxeñaría técnico agrícola-estabilización

2018

Libre

33

7

***6886**

Picos Nebril, Juan José

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Promoción interna

34

1

***9361**

Martínez Vérez, Alejandro

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Base I.1.1

35

2

***1662**

López Fraga, María José

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

36

3

***8237**

Gómez Álvarez, Belén

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

37

4

***5355**

Saborido Díaz, María del Carmen

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

38

5

***2258**

Vázquez Pita, Marta

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

39

6

***3973**

Vázquez Grandas, Juan José

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

40

8

***5134**

Regueira Camaniel, Marta

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

41

9

***2024**

Doporto González, Cristina

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

42

10

***4755**

García Freitas, María José

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

43

11

***5016**

Novoa Davite, Agar

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

44

12

***0578**

Botana Fernández, Adrián

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

45

13

***3636**

Rodal Barreiro, Diego

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

46

14

***1979**

Romay Ibon, Nuria

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

47

15

***2591**

Bouzas Pais, María Mercedes

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

48

16

***5705**

Maseda Sangiao, Javier

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

49

17

***0209**

Fernández Chao, Begoña

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

50

18

***6200**

Barciela Alonso, Paula

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

51

19

***0553**

Eiras Carlín, Juan

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

52

20

***3302**

García Corral, Álvaro

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

53

21

***5093**

López López, Noelia

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

54

22

***7402**

Sánchez Vila, Ana Vanesa

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

55

23

***7005**

Lago Iglesias, Lucía

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

56

24

***9503**

Barrio Vilar, María

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

57

25

***4626**

Montes Alvarellos, Jorge

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

58

26

***4958**

Fernández Canto, María Nerea

Enxeñaría técnico agrícola-acceso libre

2019, 2020, 2021

Libre

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

Formación

1

MRC992013236510004

Xefatura Sección C (Silleda)

MR

Oficina de Silleda

Servizos periféricos

Silleda

A1-A2

22

 

2

MRC992001315580003

Xefatura Sección C (Ordes)

MR

Oficina de Ordes

Servizos periféricos

Ordes

A1-A2

22

 

3

MRO130000015770030

Xefatura de Área

MR

Subdirección Xeral de Xestión da PAC

Fogga/Subdirección Xeral de Xestión da PAC

Santiago de
Compostela

A1-A2

26

 

4

MRO191000015001032

Xefatura Sección

MR

Servizo Territorial da Coruña

Fogga/Servizos territoriais

Coruña (A)

A1-A2

25

Carné de conducir B1 (Mérito)

5

MRO191000036001050

Xefatura Sección

MR

Servizo Territorial de Pontevedra

Fogga/Servizos territoriais

Pontevedra

A1-A2

25

Carné de conducir B1 (Mérito)

6

MRA112600315010065

Xefatura Sección Explotacións

MR

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (Agacal)

Abegondo

A1-A2

25

 

7

MRC991030136001046

Xefatura Sección

MR

Servizo de Explotacións Agrarias (Pontevedra)

Servizos periféricos

Pontevedra

A1-A2

25

 

8

MRC992003715600001

Xefatura Sección (Ortigueira)

MR

Oficina de Ortigueira

Servizos periféricos

Ortigueira

A1-A2

25

 

9

MRC992013436170001

Xefatura Sección (A Estrada)

MR

Oficina da Estrada

Servizos periféricos

Estrada (A)

A1-A2

25

 

10

MRC992012232320001

Xefatura Sección (Xinzo)

MR

Oficina de Xinzo de Limia

Servizos periféricos

Xinzo de Limia

A1-A2

25

 

11

MRC992004115770001

Xefatura Sección (Santiago)

MR

Oficina de Santiago de Compostela

Servizos periféricos

Santiago de
Compostela

A1-A2

25

 

12

MRC991030132001014

Xefatura Sección C

MR

Servizo de Explotacións Agrarias (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

A1-A2

22

 

13

MRC992012232320005

Xefatura Sección C (Xinzo)

MR

Oficina de Xinzo de Limia

Servizos periféricos

Xinzo de Limia

A1-A2

22

 

14

MRC992013136240005

Xefatura Sección (Lalín)

MR

Oficina de Lalín

Servizos periféricos

Lalín

A1-A2

25

 

15

MRC991030115001018

Técnico/a N. 18

MR

Servizo de Explotacións Agrarias (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A2

18

 

16

MRC992003415350001

Xefatura Sección (Ferrol)

MR

Oficina de Ferrol

Servizos periféricos

Ferrol

A1-A2

25

 

17

MRC992013136240007

Xefatura Sección C (Lalín)

MR

Oficina de Lalín

Servizos periféricos

Lalín

A1-A2

22

 

18

MRC991000036001023

Posto Base Subgrupo A2

MR

Xefatura Territorial Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

A2

16

 

19

MRC992009127640008

Xefatura Sección C (Vilalba)

MR

Oficina de Vilalba

Servizos periféricos

Vilalba

A1-A2

22

 

20

MRO191000036001005

Posto Base Subgrupo A2

MR

Servizo Territorial de Pontevedra

Fogga/Servizos territoriais

Pontevedra

A2

16

Carné de conducir B1 (Mérito)

21

MAC991000015001026

Posto Base Subgrupo A1

MA

Xefatura Territorial A Coruña

Servizos periféricos

Coruña (A)

A1

20

 

22

MRA113200336450010

Técnico/a Apoio á Divulg. e Investig. Agraria

MR

Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia (Pontevedra)

Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (Agacal)

Ribadumia

A1-A2

22

 

23

MRO130000015770005

Xefatura Sección

MR

Subdirección Xeral de Xestión da PAC

Fogga/Subdirección Xeral de Xestión da PAC

Santiago de
Compostela

A1-A2

25

 

24

MRO191000015001021

Xefatura Sección

MR

Servizo Territorial da Coruña

Fogga/Servizos territoriais

Coruña (A)

A1-A2

25

Carné de conducir B1 (Mérito)

25

MRO191000015001026

Xefatura Sección

MR

Servizo Territorial da Coruña

Fogga/Servizos territoriais

Coruña (A)

A1-A2

25

Carné de conducir B1 (Mérito)

26

MRO191000036001040

Xefatura de Área I

MR

Servizo Territorial de Pontevedra

Fogga/Servizos territoriais

Pontevedra

A1-A2

26

Carné de conducir B1 (Mérito)

27

MRC991040115001124

Xefatura Sección Estruturas Agrarias e Obras II

MR

Servizo de Infraestruturas Agrarias (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A1-A2

25

 

28

MRC991040115001130

Xefatura de Comarca II

MR

Servizo de Infraestruturas Agrarias (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A1-A2

26

 

29

MRC991040115001133

Xefatura Sección Estruturas Agrarias e Obras III

MR

Servizo de Infraestruturas Agrarias (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A1-A2

25

 

30

MRC991040115001141

Xefatura Sección Estruturas Agrarias e Obras V

MR

Servizo de Infraestruturas Agrarias (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A1-A2

25

 

31

MRC991040115001160

Xefatura de Comarca V

MR

Servizo de Infraestruturas Agrarias (A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A1-A2

26

 

32

MRC991040132001092

Xefatura Sección Estruturas Agrarias e Obras VI

MR

Servizo de Infraestruturas Agrarias (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

A1-A2

25

 

33

MRC991040236240010

Xefatura Sección de Estruturas Agrarias e Obras II

MR

Oficina de Infraestruturas Agrarias de Lalín

Servizos periféricos

Lalín

A1-A2

25

 

34

MRC991030115001014

Xefatura Sección

MR

Servizo de Explotacións Agrarias
(A Coruña)

Servizos periféricos

Coruña (A)

A1-A2

25

 

35

MRC991060132001005

Xefatura Sección

MR

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria (Ourense)

Servizos periféricos

Ourense

A1-A2

25

 

36

MRC991060136001005

Xefatura Sección

MR

Servizo de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria (Pontevedra)

Servizos periféricos

Pontevedra

A1-A2

25

 

37

MRC992003115090001

Xefatura Sección (Betanzos)

MR

Oficina de Betanzos

Servizos periféricos

Betanzos

A1-A2

25

 

38

MRC992004115770003

Xefatura Sección C (Santiago)

MR

Oficina de Santiago de Compostela

Servizos periféricos

Santiago de
Compostela

A1-A2

22

 

39

MRC992009327220002

Xefatura Sección C (Guitiriz)

MR

Oficina de Guitiriz

Servizos periféricos

Guitiriz

A1-A2

22

 

40

MRC992010232680004

Xefatura Sección C (Ribadavia)

MR

Oficina de Ribadavia

Servizos periféricos

Ribadavia

A1-A2

22

 

41

MRA113200336450006

Xefatura Sección Viticultura e Enoloxía

MR

Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia (Pontevedra)

Axencia Galega de Calidade
Agroalimentaria (Agacal)

Ribadumia

A1-A2

25

 

42

MRA113000315010004

Responsable de Calidade e Seguridade

MR

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo-A Coruña)

Axencia Galega de Calidade
Agroalimentaria (Agacal)

Abegondo

A1-A2

26

 

43

MRC050000215770012

Xefatura Sección

MR

S. X. de Explotacións Agrarias

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Santiago de
Compostela

A1-A2

25

 

44

MRA110000415770053

Xefatura Área

MR

Área de Calidade Alimentaria

Axencia Galega de Calidade
Agroalimentaria (Agacal)

Santiago de
Compostela

A1-A2

26

 

45

MRA112900336480010

Xefatura Sección de Investigación

MR

Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño (Salceda de Caselas-Pontevedra)

Axencia Galega de Calidade
Agroalimentaria (Agacal)

Salceda de
Caselas

A1-A2

25

Doutoramento en materia agraria (R.I.)

46

MRA112600315010041

Xefatura Sección de Investigación XII

MR

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

Axencia Galega de Calidade
Agroalimentaria (Agacal)

Abegondo

A1

25

Doutoramento en materia agraria (R.I.).
Para persoal doutra Administración, curso perfeccionamento de galego (R.I.)

47

MRA113100332400003

Xefatura Sección Viticultura

MR

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense)

Axencia Galega de Calidade
Agroalimentaria (Agacal)

Leiro

A1

25

Doutoramento en viticultura (R.I.)

48

MRC060000115770098

Xefatura Sección

MR

S. X. de Infraestruturas Agrarias

Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Santiago de
Compostela

A1

25

 

49

MRA112600315010026

Xefatura Sección de Investigación IV

MR

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

Axencia Galega de Calidade
Agroalimentaria (Agacal)

Abegondo

A1

25

Doutoramento en materia agraria (R.I.)