DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2024 Páx. 10501

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 16 de xaneiro de 2024, relativa á solicitude de deslindamento formulada polos representantes dos montes veciñais en man común Portela, Rabazal, Ouzal, Currás, Veiga e Outeiro das Pereiras, no concello de Bande, e mais os montes Fragón, Outeiro e Outeiro D’Arriba e o de Chá, ámbos os dous no concello de Lobeira.

Examinada a solicitude de deslindamento formulada polos representantes do monte veciñal en man común (MVMC) Portela, Rabazal, Ouzal, Currás, Veiga e Outeiro das Pereiras, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) da parroquia de Santa Comba, no concello de Bande, e mais os montes de Fragón, Outeiro e Outeiro D’Arriba, pertencente á CMVMC de Fradalvite, no concello de Lobeira, e entre o monte Portela, Rabazal, Ouzal, Currás, Veiga e Outeiro das Pereiras e o monte Chá, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Carreiras, Ermille, Chaos e Fradalvite, no concello de Lobeira, resultan os seguintes:

Feitos:

Primeiro. O 29 de setembro de 2022 a CMVMC da parroquia de Santa Comba presentou un escrito (Rexel 2022/2399749) en que solicita a aprobación dun deslindamento coa CMVMC de Fradalvite e coa de Carreiras, Ermille, Chaos e Fradalvite.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Actas de deslindamento.

– Certificacións dos acordos das respectivas asembleas xerais.

– Memoria e planos.

– Acta de conciliación levantada no Xulgado de Paz de Bande.

Segundo. O informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense do 14 de abril de 2023 fai constar que a documentación achegada corresponde ao deslindamento do perímetro estremeiro entre o MVMC Portela, Rabazal, Ouzal, Currás, Veiga e Outeiro das Pereiras, pertencente á CMVMC da parroquia de Santa Comba (T.M. de Bande), e o MVMC Fragón, Outeiro e Outeiro D’Arriba, pertencente á CMVMC de Fradalvite (T.M. de Lobeira), desde o vértice 1 (o situado máis ao oeste) ata o vértice 14 (o situado máis ao leste); doutro lado, revísase a estrema entre o propio MVMC Portela, Rabazal, Ouzal, Currás, Veiga e Outeiro das Pereiras e mais o MVMC Chá, pertencente á CMVMC de Carreiras, Ermille, Chaos e Fradalvite (T.M. de Lobeira), desde o vértice 1 (o situado máis ao oeste) ata o vértice 9 (o situado máis ao leste).

O citado informe considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, polo que propón ao Xurado Provincial a súa aprobación.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A presente resolución dítase o abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o xurado provincial de montes veciñais en man común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 14 de abril de 2023, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 11 de decembro de 2023:

Aprobar o acto de conciliación acadado polas xuntas reitoras dos MVMC Portela, Rabazal, Ouzal, Currás, Veiga e Outeiro das Pereiras, pertencente á CMVMC da parroquia de Santa Comba, no concello de Bande, e mais o MVMC Fragón, Outeiro e Outeiro D’Arriba, pertencente á CMVMC de Fradalvite, no concello de Lobeira, e entre o citado MVMC Portela, Rabazal, Ouzal, Currás, Veiga e Outeiro das Pereiras, e mais o MVMC Chá, pertencente á CMVMC de Carreiras, Ermille, Chaos e Fradalvite, no concello de Lobeira.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 16 de xaneiro de 2024

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense