DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2024 Páx. 10111

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Antas de Ulla

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a creación de Parque Central-Centro Xeográfico de Galicia, en Antas de Ulla.

O Pleno do Concello de Antas de Ulla, en sesión extraordinaria do 28 de decembro de 2023, aprobou definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a creación de Parque Central-Centro Xeográfico de Galicia, en Antas de Ulla, promovido por esta Administración municipal, en atención á proposta formulada pola Deputación Provincial de Lugo.

O plan definitivamente aprobado estará ao dispor dos interesados na sede electrónica deste concello (https://concellodeantas.sedelectronica.gal/).

De conformidade co disposto no artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, contra o presente acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis conveniente en dereito.

Antas de Ulla, 23 de xaneiro de 2024

Pilar García Porto
Alcaldesa