DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2024 Páx. 10036

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lles notifica ás persoas solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta o requirimento de documentación acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2023/5012-2 e catro máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación personal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición da persoa interesada na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo de que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

Lugo, 16 de xaneiro de 2024

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/Pasaporte

PR204A2023/5012-2

34254706R

PR204A2023/5060-2

Y0230766K

PR204A2023/5068-2

34250710F

PR204A2023/5542-2

33560861C

PR204A2023/5680-2

39511690J