DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2024 Páx. 10053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se anotan no Censo do patrimonio cultural de Galicia varias embarcacións tradicionais e un barco histórico clásico.

A Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do artigo 149.1.28 da Constitución española e segundo o disposto no artigo 27 do Estatuto de autonomía, asume a competencia exclusiva en materia de patrimonio cultural. En exercicio desta, apróbase a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG núm. 92, do 16 de maio), (en diante, LPCG).

O título V da LPCG regula o patrimonio cultural inmaterial de Galicia, co fin de salvagardalo mediante distintas medidas dirixidas a garantir a súa visibilidade, como a identificación, documentación, investigación, preservación, protección, promoción, valorización, transmisión e revitalización deste patrimonio nos seus distintos aspectos.

O Decreto 52/2019, do 9 de maio, polo que se declaran ben de interese cultural as técnicas construtivas da carpintaría de ribeira (DOG núm. 99, do 27 de maio), (en diante Decreto 52/2019), declara as técnicas construtivas da carpintaría de ribeira como unha manifestación inmaterial do patrimonio cultural de Galicia. Este decreto establece, no seu anexo II, as medidas de salvagarda para as técnicas construtivas da carpintaría de ribeira, entre as que está o Censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia.

Antecedentes:

1. Na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural entraron doce solicitudes de anotación de embarcacións tradicionais no Censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, como manifestación das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira.

2. No Servizo de Inventario abríronse os correspondentes expedientes administrativos, que están completos, e nos cales constan os informes dos mestres carpinteiros de ribeira e da Asociación Galega de Carpintaría de Ribeira, que conclúen que once das embarcacións poden ser consideradas como embarcacións tradicionais galegas e unha como barco histórico clásico.

3. O 29.11.2023 reúnese o órgano de xestión para as medidas de salvagarda das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira, e acorda recoñecer como embarcacións tradicionais galegas as seguintes:

Nome da embarcación

Folio

Nº de expediente.

Servizo de Inventario

Asodiña

SI-2021-0107.CLA

A Fiuza

7ª VILL-1-22-99

SI-2022-0257.CLA

Manuyael Industrial

6ª VI-8-1-12

SI-2022-0263.CLA

Abuelo Tucho

7ª VILL-3-30-20

SI-2023-0088.CLA

Peregrina

7ª VILL-5-3-22

SI-2023-0089.CLA

Sanxenxo

6ª VI-1-3-05

SI-2023-0174.CLA

Virxe do Carme

7ª VILL-1-21-96

SI-2023-0180.CLA

Jalerna

7ª VILL-1-22-96

SI-2023-0181.CLA

Silma

6ª VI-1-4-05

SI-2023-0210.CLA

Última

7ª VILL-5-2-22

SI-2023-0399.CLA

Brétema

7ª VILL-1-10-12

SI-2023-0415.CLA

Así mesmo, na dita xuntanza, o órgano de xestión para as medidas de salvagarda das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira, acorda recoñecer como barco histórico clásico o seguinte:

Nome da embarcación

Folio

Nº de expediente

Servizo de Inventario

Punta Barveira

7ª GI-8-1-05

SI-2023-0430.CLA

Consideracións xurídicas:

1. A competencia para resolver este expediente corresponde á directora xeral de Patrimonio Cultural, segundo o artigo 19.1 do Decreto 119/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (DOG núm. 126, do 4 de xullo).

2. O artigo 14 da LPCG regula o Censo do patrimonio cultural e o seu punto terceiro establece o seguinte: «A inclusión dun ben no Censo do patrimonio cultural non determinará a necesidade de autorización administrativa previa para as intervencións sobre o dito ben. O Censo servirá como elemento de referencia para a emisión dos informes que sexan competencia da consellaría competente en materia de patrimonio cultural. Así mesmo, servirá como instrumento complementario para os responsables da xestión sustentable dos recursos culturais, a ordenación do territorio e o desenvolvemento económico».

3. O artigo 91.1 da LPCG define ao patrimonio etnolóxico protexido legalmente do seguinte xeito: «Para os efectos desta lei, integran o patrimonio etnolóxico de Galicia os lugares, bens mobles ou inmobles, as expresións, así como as crenzas, coñecementos, actividades e técnicas transmitidas por tradición, que se consideren relevantes ou expresión testemuñal significativa da identidade, a cultura e as formas de vida do pobo galego ao longo da historia».

As técnicas construtivas da carpintaría de ribeira constitúen pois manifestacións inmateriais dese patrimonio etnolóxico obxecto de protección, e o seu réxime xurídico complétase co Decreto 52/2019 polo que se declaran ben de interese cultural.

4. O Decreto 52/2019 establece no número 2 do seu anexo II o seguinte: «para o coñecemento e difusión das embarcacións que teñan a consideración de embarcación tradicional galega e dos barcos históricos de Galicia, así como para promover outras medidas de fomento para a súa conservación e protección, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural xestionará un Censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, de rexistro voluntario, no cal as embarcacións serán anotadas, despois do informe do órgano de xestión ou os informes técnicos que correspondan, que avaliará a antigüidade, autoría ou correspondencia cos modelos tipolóxicos. O devandito censo, entendido como unha sección do Censo do patrimonio cultural, conterá información sobre a súa denominación, a súa tipoloxía, os datos descritivos e dimensionais básicos e a localización do seu porto habitual».

Así pois, as embarcacións tradicionais relacionadas no ordinal terceiro da presente resolución, á vista dos informes que constan nos respectivos expedientes administrativos, e segundo o acordo acadado polo órgano de xestión para as medidas de salvagarda das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira, na súa xuntanza do 29.11.2023, reúnen os requisitos para a súa inclusión no Censo do patrimonio cultural de Galicia.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Anotar no Censo do patrimonio cultural de Galicia, na sección Censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, as embarcacións relacionadas no ordinal terceiro da presente resolución, cuxas descricións figuran no anexo I.

Segundo. Ordenar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar esta resolución ás persoas interesadas.

Cuarto. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2024

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral do Patrimonio Cultural

ANEXO I

Descrición dos bens

Denominación embarcación

Indicativo de matrícula

Categoría

Tipoloxía

Datos descritivos e dimensionais básicos

Ano de construción

Asodiña

Embarcación tradicional galega

Gamela guardesa

1997

A Fiuza

7ª VILL-1-22-99

Embarcación tradicional galega

Dorna polbeira

Ten unha dimensión de 4,6 de eslora, 1,60 de manga e 0,59 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 0,80 T.R.B.

1999

Manuyael Industrial

6ª VI-8-1-12

Embarcación tradicional galega

Galeón

Ten unha dimensión de 18,92T de eslora, 5,32 de manga e 1,73 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 33,64 T.R.B.

1945

Abuelo Tucho

7ª VILL-3-30-20

Embarcación tradicional galega

Dorna cordeleira

Ten unha dimensión de 4,55L de eslora, 1,63 de manga e 0,60 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 0,25 T.R.B.

2020

Peregrina

7ª VILL-5-3-22

Embarcación tradicional galega

Dorna cordeleira

Ten unha dimensión de 4,80 de eslora, 1,78 de manga e 0,80 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,51 T.R.B.

1989

Sanxenxo

6ª VI-1-3-05

Embarcación tradicional galega

Galeón

Ten unha dimensión de 13,34 (T) de eslora, 4,1 de manga e 1,61 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 11,40 T.R.B.

2002

Virxe do Carme

7ª VILL-1-21-96

Embarcación tradicional galega

Dorna xeiteira

Ten unha dimensión de 6,1 de eslora, 2,1 de manga e 0,9 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 2,16 T.R.B.

1996

Jalerna

7ª VILL-1-22-96

Embarcación tradicional galega

Dorna xeiteira

Ten unha dimensión de 6,8 de eslora, 2,2 de manga e 0,95 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 2,9 T.R.B.

1996

Silma

6ª VI-1-4-05

Embarcación tradicional galega

Galeón

Ten unha dimensión de 13,34T de eslora, 4,1 de manga e 1,61 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 11,4 T.R.B.

2002

Última

7ª VILL-5-2-22

Embarcación tradicional galega

Dorna cordeleira

Ten unha dimensión de 4,55LH de eslora, 1,65 de manga e 0,60 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,3 T.R.B.

2022

Brétema

7ª VILL-1-10-12

Embarcación tradicional galega

Dorna polbeira

Ten unha dimensión de 4,8L de eslora, 1,73 de manga e 0,63 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,25 T.R.B.

2012

Punta Barveira

7ª GI-8-1-05

Barco histórico clásico

Balandro

Ten unha dimensión de 9 de eslora, 2,70 de manga e 1,2 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 7,6 T.R.B.

1987