DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2024 Páx. 9822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de decembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública a solicitude de obra de revestimento de fachada e peche de parcela no concello de Oleiros (expediente DH.W15.92133).

En cumprimento do previsto no artigo 53.3.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización/legalización de obras:

Solicitante: Ricardo Gestal Otero.

DNI: 7631*****.

Expediente: DH.W.DH.W15.92133.

Lugar: O Batán.

Parroquia: San Pedro de Nós (San Pedro).

Concello: Oleiros.

Descrición das obras:

As obras solicitadas consisten na revestimento de fachada e peche de parcela.

A documentación estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así como nas oficinas deste servizo situadas na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 9º andar, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, logo de cita no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

A Coruña, 22 de decembro de 2023

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica
de Galicia Norte