DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2024 Páx. 9824

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2024, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente DH.A36.75969).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante resolución da Dirección de Augas de Galicia do 2 de outubro de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidade de Usuarios de Augas A Peniza unha concesión de 4.031,00 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar da Arrotea, parroquia de Almofrei (San Lourenzo), no concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), con destino a abastecemento.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións