DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2024 Páx. 9829

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cortegada

ANUNCIO de aprobación inicial da futura bandeira e da modificación do escudo heráldico deste concello.

O Pleno da corporación, en sesión do 28 de decembro de 2023, aprobou inicialmente a proposta de modificación do escudo heráldico do Concello de Cortegada e a proposta da futura bandeira, segundo se describe:

ESCUDO:

De gules (vermello) e sobre ondas de prata (branco), unha copa de ouro (amarelo), flanqueada de senllas serpes de sinople (verde), enriba dunha venera de prata e todo enriba, á súa vez, de sete cruces treboladas de ouro, ben ordenadas no xefe. Ao timbre, a coroa real pechada.

BANDEIRA:

O pano vermello coa copa de amarelo e venera branca flanqueadas das dúas serpes verdes. Ao hasta, as sete cruces treboladas de amarelo, ben ordenadas, e as dúas ondas brancas, ao batente.

Dando cumprimento ao establecido no Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, sométese a información pública, mediante anuncios publicados no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos, durante o prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación no DOG, para que os interesados poidan efectuar as alegacións que consideren oportunas.

Cortegada, 10 de xaneiro de 2024

Avelino Luis de Francisco Martínez
Alcalde