No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 249, do 29 de decembro de 2023, publicáronse as bases xerais da convocatoria para a selección, por concurso-oposición, dunha praza de operario de servizos múltiples, como persoal funcionario, incluída na oferta de emprego público do ano 2020, aprobada mediante o Decreto da Alcaldía núm. 2020-0336, do 23 de decembro de 2020.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, das 8.00 ás 14.00 horas, en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se contará desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios municipal do Concello de Vila de Cruces-Pontevedra.
Vila de Cruces, 10 de xaneiro de 2024
Luis Celso Taboada Sánchez
Alcalde