Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 26.9.2023 en Ourense polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio: avenida de San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: substitución CT 32AK26 Feces de Abaixo, 2 (Verín).
Situación:lugar Feces de Abaixo, concello de Verín (Ourense).
Orzamento: 38.283,26 €.
Características técnicas:
• Desmontaxe do CT aéreo existente 32AK26, de 50 kVA.
• LMTS proxectada, a 20 kV, de 29 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm² Al, coa orixe no paso A/S proxectado no apoio existente núm. 25-A-25 da LMTA VII808 e final no CT proxectado.
• CT proxectado, de tipo rural, de 160 kVA de potencia aparente e RT 20.000/400 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial
RESOLVE:
Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Ourense, 2 de xaneiro de 2024
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense