DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2024 Páx. 9399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2024 polo que se notifica a aprobación da liquidación definitiva correspondente aos gastos de execución subsidiaria do expediente S-45/2001.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 20 de decembro de 2023, ditou resolución pola que se aproba a liquidación definitiva correspondente aos gastos de execución subsidiara da orde de demolición ditada no expediente S-45/2001.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución ás persoas interesadas con documento nacional de identidade número 32828568R e 32377127G, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun (1) mes desde a súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente de acordo co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación. Se optan por interpor o recurso de reposición potestativo non poderán interpor recurso contencioso-administrativo ata a resolución expresa daquel ou ata a súa desestimación por silencio administrativo. Todo iso sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2024

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística