DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2024 Páx. 8873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 14 de decembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Santa Comba (expediente DH.A15.80969).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante resolución da Dirección de Augas de Galicia do 9 de xuño de 2023 e como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse a Nicolás Otero Fandiño e Soraya Otero Fariña unha concesión de 598,60 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Buxán, da parroquia de Cícere (San Pedro), no concello de Santa Comba (A Coruña), con destino a uso doméstico.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións