DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2024 Páx. 8872

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 1 de decembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á concesión dun caudal de auga no concello de Fornelos de Montes e no concello de Pazos de Borbén (expediente DH.A36.73317).

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, publícase, para xeral coñecemento que, mediante resolución da Dirección de Augas de Galicia do 1 de xuño de 2023 e, como resultado do expediente incoado para o efecto, outorgouse á Comunidad de la Traída de Agua de Calvos, a oportuna novación da concesión de 27.842 m3 anuais de auga que procede de once captacións situadas no lugar da Alén de Abaixo, parroquia de Calvos (Santo Adrián,) no concello de Fornelos de Montes (Pontevedra), e no lugar do Gorgoreiro, parroquia de Moscoso (San Paio), no concello de Pazos de Borbén (Pontevedra), con destino a abastecemento.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2023

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións