DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2024 Páx. 8875

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle da parcela C do Plan parcial do sector SUD-5 Icaria IV, dividida en 2 subparcelas, C1 e C2 (expediente 2023/PLANEAM/000010-FG número 725).

Mediante Resolución da Alcaldía número 2024000278, do 22 de xaneiro, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle da parcela C do Plan parcial do sector SUD-5 Icaria IV, dividida en 2 subparcelas, C1 e C2 (documento NRE 2023024111, do 21.12.2023).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.30 horas, polo prazo dun mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 23 de xaneiro de 2024

Ángel García Seoane
Alcalde presidente