DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2024 Páx. 8876

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia

ANUNCIO de exposición do censo electoral.

Aprobado provisionalmente polo Pleno da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia, en sesión que tivo lugar o 26 de xaneiro de 2024, o censo electoral correspondente á elección de cargos, do 18 de abril de 2024 comprensivo dos colexiados que cumpren os requisitos do artigo 42 dos estatutos. En cumprimento do establecido no artigo 46, exponse ao público durante un prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do último anuncio inserido no DOG, para que as persoas interesadas presenten as reclamacións que se consideren oportunas a través do Rexistro Xeral da sede colexial.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2024

Andrea Pardo Rivera
Presidenta do Colexio de Hixienistas de Galicia