DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2024 Páx. 8857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Oia (expediente IN407A 2023/533-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: substitución dos apoios 9RF8E6FM e 9RF6VAAF da LMTA ROS8030155, LMTS ROS803 e CT Os Eidos de Arriba.

Situación: Oia.

Características técnicas:

Substitución dos apoios 9RF8E6FM//9RF8E6FM e 9RF6VAAF//9RF6VAAF da liña de media tensión aérea (LMTA) ROS8030155 por un C-1000/14 e un C-1000/12 respectivamente.

Instalación dun reconectador telecontrolado no apoio C-1000/14.

LMTA a 20 kV, con condutor LA-56 de 194 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-1000/12 e final no apoio existente 9RFHDH4F//9RFHDH4F.

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 679 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-1000/14, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación a 100 kVA, con relación de transformación de 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36036A032002710001WX, no lugar dos Eidos de Arriba.

A instalación está situada nos Eidos de Arriba, Burgueira, no concello de Oia (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 28 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/533-4.

Denominación: substitución dos apoios 9RF8E6FM e 9RF6VAAF da LMTA ROS8030155, LMTS ROS803 e CT Os Eidos de Arriba.

Concello: Oia.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio m2

CT m2

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Eidos Darriba

Rústico

36036A032002700000QS

CMVMC Loureza

2,65

133,00

399,91

2

Eidos Darriba

Rústico

36036A032002710001WX

CMVMC Burgueira

14,97

486,01

1.189,21