DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2024 Páx. 8854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2023/520-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS ATI731-ATI724, CS na travesía Matadoiro e substitución do apoio A3RQ6DEB na ATI724.

Situación: O Porriño.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 199 metros lonxitude, coa orixe na LMTA ATI7240298 no apoio A3NB0XEU//A3NA9ID3 e final no centro de seccionamento (CS) proxectado.

LMTS a 15 kV, con condutor RHZ1, de 199 metros lonxitude, coa orixe no centro de seccionamento proxectado e final na LMTA ATI7240286 no apoio A3NB0XEU//A3NA9ID3.

LMTS a 15 kV, con condutor RHZ1, de 14 metros de lonxitude, coa orixe na LMTS existente ATI7310802, na arqueta existente na rúa Manuel Rodríguez, e final na LMTS existente ATI7240304, na arqueta existente situada na rúa Manuel Rodríguez.

LMTS a 15 kV, con condutor RHZ1, de 26 metros de lonxitude, coa orixe na LMTA ATI7240287 no apoio A3URFGEK//A3URFGEJ, na rúa Manuel Rodríguez, e final na LMTS existente ATI310802, na arqueta existente na rúa Manuel Rodríguez.

Centro de seccionamento compacto de manobra exterior 3L+TT coas dúas celas de saída telecontroladas vía GPRS/3G en envolvente prefabricada de formigón, situado na parcela con referencia catastral 1279004NG3617N0001WTT, na travesía Matodoiro, 6.

Substitución do apoio A3RQ6DEB//A3RQ6DEB por un apoio C4500/16 e retensado dos vans contiguos ao apoio proxectado do dobre circuíto ATI7240305 e ATI7240308 (95 metros de condutor LAC-80).

A instalación está situada na Relva, na parroquia de Torneiros, e na travesía Matadoiro e rúa Manuel Rodríguez, no concello do Porriño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase a disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 27 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/520-4.

Denominación: LMTS ATI731-ATI724, CS na travesía Matadoiro e substitución do apoio A3RQ6DEB na ATI724.

Concello: O Porriño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio m2

CT m2

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

3

Plateiro

Urbana

1279004NG3617N0001WT

Industrias Frigoríficas del Louro, S.A.

13,78

109,94

231,78

4

Ribeira

Urbana

36039A009005090000DY

Descoñecido/a

1,69