DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2024 Páx. 8007

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

EDICTO de execución subsidiaria para o cumprimiento de xestión da biomasa forestal por incumprimiento dos obrigados.

En exercicio da facultade conferida polo artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, faise público que, mediante o Decreto do 2023/2482, do 19 de diciembre de 2023, resolveuse o que segue:

Primeiro. Incoar expediente para a execución subsidiaria da xestión da biomasa, contra o titular catastral da parcela 27067A061004130000XG sita no lugar de Altamira, polígono 61, parcela 413, na parroquia de Galdo.

Segundo. En aplicación do previsto no artigo 22.4 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, considérase que a limpeza xerará os custos que se detallan:

Nº de expediente

Referencia catastral

Data notificación/publicación

Situación

Superficie
m2

Liquidación provisional dos traballos

Persoa responsable

5489/2023

27067A061004130000XG

BOE nº 218,

do 12.9.2023

DOG nº 206,

do 30.10.2023

Altamira, polígono 61, parcela 413, Galdo, Viveiro (Lugo)

2.537

337,42

76563257Y

Terceiro. Serve o presente como liquidación provisional dos custos que deberán aboar os obrigados, constituíndo o decreto liquidación en voluntaria, cos prazos previstos na Lei xeral tributaria que logo se determinarán, sen prexuízo da liquidación definitiva que remitiremos unha vez rematados os traballos de roza.

Cuarto. Os titulares identificados no expediente, e sinalados aquí cos seus números de documento nacional de identidade, están obrigados ao cumprimento da orde de execución e, por extensión, ao pagamento dos gastos que a execución subsidiaria supoña para esta Administración.

Quinto. Ordenar a publicación de anuncio da presente resolución no BOE e no DOG, polo que respecta aos titulares obrigados, que substituirá as notificacións persoais, por ser descoñecido o enderezo dos titular.

O que se publica para coñecemento dos obrigados (en ausencia de enderezo coñecido), en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, facéndoselles saber que:

Se concede un prazo de quince (15) días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edito no Boletín Oficial del Estado, para que os solicitados no procedemento procedan á xestión da biomasa vexetal e/ou presenten as alegacións que estimen oportunas.

Polo que respecta á liquidación provisional dos custos de xestión da masa forestal, en voluntaria, que ascende ás cantidades que se identifican en cada caso, requíreselles o pagamento mediante ingreso en conta bancaria municipal aberta a nome do concello de Viveiro en Caixabank co número ES79-2100-4330-62-0200001100, nos seguintes prazos:

Se a notificación se recibe nos días 1 a 15 do mes, o prazo remata o día 20 do mes seguinte.

Se a notificación se recibe nos días 16 a último do mes, o prazo remata o día 5 do segundo mes natural seguinte.

De ser día inhábil o último día do prazo, este estenderase ata o seguinte día hábil.

En caso de falta de pagamento nos prazos indicados, abrirase o período executivo de pagamento, coa aplicación das recargas do período executivo que regula o artigo 65 da Lei 58/2003, xeral tributaria.

Viveiro, 29 de decembro de 2023

María Loureiro García
Alcaldesa