DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2024 Páx. 7920

III. Outras disposicións

Xunta Electoral de Galicia

ACORDO do 25 de xaneiro de 2024, da Xunta Electoral de Galicia, polo que se toma coñecemento do Plan de cobertura informativa da campaña electoral da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) para as eleccións ao Parlamento de Galicia do 18 de febreiro de 2024.

A Xunta Electoral de Galicia, na sesión do 25 de xaneiro de 2024, tomou coñecemento do Plan de cobertura informativa elaborado pola Corporación de Radio e Televisión de Galicia (RE núm. 319/2024) para as eleccións ao Parlamento de Galicia do 18 de febreiro de 2024, de conformidade co disposto no artigo 66 da LOREX e na Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da Xunta Electoral Central, de interpretación do artigo 66 da LOREX, no relativo ás garantías de respecto aos principios de pluralismo, igualdade, proporcionalidade e neutralidade informativa polos medios de comunicación en período electoral.

O dito plan está publicado na páxina web da Xunta Electoral de Galicia:

http://www.parlamentodegalicia.es/XuntaElectoral/

Os representantes xerais das formacións políticas concorrentes ao proceso electoral en curso poden presentar ante a Xunta Electoral de Galicia as reclamacións ou recursos que consideren pertinentes, de conformidade co disposto no punto quinto da citada instrución, ata as 11.00 horas do sábado 27 de xaneiro de 2024.

Os recursos formulados en tempo e forma estarán á disposición das formacións políticas interesadas na Secretaría da Xunta Electoral (xunta.electoral.galicia@parlamentodegalicia.gal), para os efectos de que poidan formular alegacións ata as 11.00 horas do luns 29 de xaneiro de 2024. Idéntico prazo terá a Corporación de Radio e Televisión de Galicia para contestar as reclamacións ou recursos presentados.

O que se publica no Diario Oficial de Galicia en virtude do disposto no artigo 18.6 da LOREX e no punto quinto da referida Instrución 4/2011, do 24 de marzo.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2024

José María Gómez y Díaz-Castroverde
Presidente da Xunta Electoral de Galicia