DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2024 Páx. 7921

III. Outras disposicións

Xunta Electoral de Galicia

ACORDO do 25 de xaneiro de 2024, da Xunta Electoral de Galicia, sobre distribución de espazos electorais gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública, en relación coas eleccións ao Parlamento de Galicia do 18 de febreiro de 2024.

A Xunta Electoral de Galicia, na sesión do 25 de xaneiro de 2024, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar, nos termos da proposta formulada pola Comisión de Control Electoral, a distribución dos espazos gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública, autonómica e estatal (desconexión territorial).

– Autonómica: Televisión Galega e Radio Galega (artigo 29 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia).

– Estatal: Televisión Española en Galicia e Radio Nacional de España en Galicia (artigo 64 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral).

Segundo. Anunciar no Diario Oficial de Galicia que nesta data a Xunta Electoral de Galicia acordou a distribución de espazos gratuítos nos medios de comunicación de titularidade pública en favor das entidades políticas concorrentes ao proceso electoral convocado.

A dita distribución está publicada na páxina web da Xunta Electoral de Galicia: http://www.parlamentodegalicia.es/XuntaElectoral/

Contra o acordo de distribución, os representantes xerais das entidades políticas concorrentes ás eleccións ao Parlamento de Galicia que se consideren afectadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a Xunta Electoral Central, que deberá presentarse ante a Xunta Electoral de Galicia (xunta.electoral.galicia@parlamentodegalicia.gal) ata as 11.00 horas do sábado 27 de xaneiro de 2024 e se tramitará conforme o procedemento establecido no artigo 21 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, de réxime electoral xeral, e na Instrución da Xunta Electoral Central 11/2007, do 27 de setembro.

O que se publica no Diario Oficial de Galicia en virtude do disposto no artigo 18.6 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, de réxime electoral xeral.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2024

José María Gómez y Díaz-Castroverde
Presidente da Xunta Electoral de Galicia