DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2024 Páx. 7964

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2023/487-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT, CT Campañó de Arriba.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas:

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 28 metros de lonxitude, coa orixe no apoio existente A1A6Q1J5//34-10 da LMTA MUR809 e final no apoio proxectado C-1000/14, no cal se instala un interruptor telecontrolado e se realiza un paso aéreo subterráneo (PAS).

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 528 metros, coa orixe no PAS no apoio proxectado C-1000/14 e final no centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación a 100 kVA, con relación de transformación de 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36900A178003230000PI, no lugar Campañó de Arriba.

A instalación está situada en Campañó de Arriba, no concello de Pontevedra.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 26 de decembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/487-4.

Denominación: LMT, CT Campañó de Arriba.

Concello: Pontevedra.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

A Pedreira

Rústico, agrario

36900A176002660000PM

Josefina Menor Buceta García

35,00

2

A Pedreira

Rústico, agrario,

piñeiral

36900A176002560000PY

Manuela Porto Piñeiro

15,00

108,00

3

A Pedreira

Rústico, agrario,

piñeiral

36900A176002550000PB

Manuel Torres Outeda

3,60

99,00

4

A Pedreira

Rústico, agrario,

piñeiral

36900A176002540000PA

Arturo Porto Prado

24,00

5

A Pedreira

Rústico, agrario,

piñeiral

36900A176002570000PG

Miguel Martínez López

7,00

54,00

6

A Pedreira

Rústico, agrario, piñeiral

36900A176002580000PQ

Aurelio Porto Piñeiro

1

2,00

1,20

4,00

4,00

12,00

7

A Pedreira

Rústico, agrario

36900A176002650000PF

Josefa Hermida López

25,00

8

A Pedreira

Rústico, agrario

36900A176002640000PT

Manuel Esperón Martínez

29,00

9

A Pedreira

Rústico, agrario

36900A176002620000PP

Marina Casas Martínez

60,00

10

A Pedreira

Rústico, agrario

36900A178003230000PI

Manuela Cochón Souto e hrdos. Antonio Almeda Lama

CT

18,96